Logo Brokernet
Noceda

Noticias

Noceda Noticias

18/06/2021

III Plan de rescate para autónomos e pemes 2021.Como e cando solicitar as axudas?

 

III Plan de Rescate para autónomos e pemes. Como e cando solicitar as axudas?

 

A terceira edición do Plan de Rescate aprobado polo Estado o 12 de marzo para autónomos, pemes e microempresas afectadas pola covid-19, xa está en marcha.

O Goberno decidiu que fosen as comunidades autónomas as encargadas de realizar as convocatorias para a súa asignación, tramitación, xestión de solicitudes, resolución, pagos e controis. Do mesmo xeito que sucedeu coas dous anteriores, a terceira convocatoria é competencia da Xunta de Galicia.

O III Plan de Rescate, publicado no DOG o pasado 11 de xuño, xa se pode solicitar. As diferenzas respecto a os dous anteriores son notables.

 

EN QUE CONSISTEN AS AXUDAS:

A principal diferenza é que estas axudas directas só se concederán para satisfacer débedas e pagos a provedores, acredores, financeiras e custos fixo, a condición de que fosen xeradas entre o 1 de marzo de 2020 e o 31 de maio de 2021 e fosen orixinadas por contratos con data anterior ao 13 de marzo de 2021. Os dous primeiros plans non esixían isto.

 

QUEN SE PODE BENEFICIAR:

Persoas traballadoras autónomas e empresas cuxo volume de operacións baixase un mínimo do 30 % en 2020 con respecto a 2019 e cuxa actividade estea incluída nalgún dos códigos da Clasificación Nacional de Actividades Económicas (CNAE 09) previstos no anexo I do real decreto lei 5/2021, do 12 de marzo ou nos engadidos polas comunidades autónomas. As demais actividades deberán ter unha baixada de facturación de polo menos o 40%.

 

HAI TRES PROGRAMAS:

Programa I de autónomos en estimación obxectiva. Dirixido a quen estea no sistema de módulos e independentemente da súa actividade. No caso daqueles que teñen unha actividade (CNAE) incluída en anexo I do real decreto lei 5/2021 non é necesario que acrediten baixada de facturación. Se non están nesa listaxe deberán demostrar unha caída dun 40 % ou máis comparando o ano 2020 con 2019.

 Contía:

Concederanse axudas de 3.000 euros. A partida total ascende a 150 millóns de euros.


Programa II de autónomos e micropemes con 10 ou menos traballadores ou empresas con ata 25 persoas traballadoras que teñan un volume de facturación de ata dous millóns de euros no 2020 no ámbito de Galicia. Este colectivo pode beneficiarse a partir dunha baixada do 30% se está dentro dunha serie de CNAE que establece o real-decreto lei 5/2021 (o resto, deberá acreditar polo menos o 40% de baixada). As contías irán de 000 euros en diante dependendo do número de traballadores e da porcentaxe de baixada de puntuación. O programa ten unha contía de 50 millóns de euros.

Contía:

– 6.000 euros se a caída do volume de operacións está entre máis dun 30% e ata un 60%.

– 7.000 euros se a caída do volume de operacións é máis dun 60% e menos dun 70%.

– 8.000 euros se a caída do volume de operacións é do 70% ou máis.  Estas cantidades veranse incrementadas en 1.000 euros se o beneficiario ten entre 4 e 9 traballadores, en 2.000 euros se ten entre 10 e 20 traballadores e 3.000 euros se ten entre 21 e 25 traballadores.


Programa III para pemes con máis de 10 traballadores e que facturen máis de dous millóns de euros. As axudas oscilan entre os 4.000 e os 200.000 euros e dependerán do número de traballadores e da baixada de facturación (será de polo menos o 30% en determinadas actividades e de polo menos o 40% no resto). A partida para este programa é de 34.470.880 euros.

Contía:

– 10.000 euros se a caída do volume de operacións está entre máis dun 30% e ata un 60%.

– 12.000 euros se a caída do volume de operacións é máis dun 60% e menos dun 70%.

– 15.000 euros se a caída do volume de operacións é do 70% ou máis. Estas cantidades veranse incrementadas en 5.000 euros se o beneficiario ten entre 26 e 50 traballadores, en 10.000 euros se ten entre 51 e 100 traballadores e 15.000 euros se ten máis de 100 traballadores.

 

AS AXUDAS SON PARA CALQUERA PAGO OU DÉBEDA PENDENTE?

Non, dependerán da acreditación da existencia de gastos pendentes de pago que cumpran determinados requisitos, é dicir, devanditos gastos terán que reunir as seguintes características:

 

– Os gastos deben ser xerados entre o 1 de marzo de 2020 e o 31 de maio de 2021.

– Deben proceder de contratos anteriores ao 13 de marzo de 2021.

– Deben pagarse por orde de antigüidade.

Os solicitantes non poderán ter ningunha débeda pendente coa Administración.

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN: O prazo para presentar as solicitudes é dun mes, ata o 14 de xullo de 2021 inclusive. Concederanse por orde de entrada da solicitude completa.

 

PRINCIPAIS REQUISITOS COMÚNS AOS TRES PROGRAMAS:

– As axudas directas terán carácter finalista e deberán aplicarse a satisfacer a débeda e realizar pagos a provedores e outros acredores, financeiros e non financeiros, así como os custos fixos incorridos, a condición de que estes fosen devindicados entre o 1 de marzo de 2020 e o 31 de maio de 2021 e procedan de contratos anteriores á entrada en vigor do Real decreto lei 5/2021, do 12 de marzo.

– En primeiro lugar, satisfaranse os pagos a provedores, por orde de antigüidade, e, se procede, reducirase o nominal da débeda bancaria, primando a redución da débeda con aval público.

– Ter o domicilio fiscal en Galicia.

– Non ser condenado mediante sentenza firme á pena de perda da posibilidade de obter subvencións ou axudas públicas ou por delitos de prevaricación, suborno, malversación de fondos públicos, tráfico de influencia, fraudes e exaccións ilegais ou delitos urbanísticos.

– Atoparse ao corrente de pago de obrigacións por reintegro de subvención ou axudas públicas.

– Atoparse ao corrente do cumprimento das obrigacións tributarias e fronte á Seguridade Social.

– Non solicitar declaración de concurso voluntario, non ser declarados insolventes en calquera procedemento e non atoparse en declaración de concurso.

 

INFORMESE EN EL 982 12 15 12

982 12 15 12
Horario invierno:
Lunes, miercoles y viernes de 08:00 a 15:00
Martes y jueves de 08:00 a 15:00 y de  16:00 a 18:30
Horario verano:
De Lunes a viernes de 08:00 a 15:00
NOCEDA CORREDORES, S.L. Oficina Central: Cl Doctor Rubiños 4 Bajo - 27760 Lourenza - Lugo - Tel: 982 12 15 12 - noceda@noceda.com
Aaccentia Multimedia

Configuración de cookies

Este sitio web utiliza cookies para mejorar la experiencia mientras se navega por el sitio web. Las cookies que se clasifican como necesarias se almacenan en el navegador ya que son esenciales para el funcionamiento básico del sitio web. También utilizamos cookies de terceros que nos ayudan a analizar y comprender cómo utilizas este sitio web; estas cookies se almacenarán en tu navegador sólo con tu consentimiento. También tienes la opción de no permitir estas cookies, sin embargo, la exclusión de algunas de estas cookies puede afectar a tu experiencia de navegación.

Cookies necesarias


Estas cookies son estrictamente necesarias para el funcionamiento de la página, las puedes desactivar cambiando la configuración de tu navegador pero no podrás usar la página con normalidad.

PHPSESSION
cb-enabled
cookieControl
PHPSESSION

Instrucciones sobre cómo eliminar las cookies y más información en nuestra política de cookies.